Pasar al contenido principal

Presentación en Lugo da guía para o fomento dunha linguaxe non sexista na comunicación interna e externa da USC

O acto inclúe a inauguración da exposición itinerante ‘Non ten nome!’, centrada tamén na relación entre lingua e igualdade

A sala Isaac Diaz Pardo da facultade de Veterinaria do campus de Lugo acolle este mércores, día 22, ás 12.00 horas, o acto de presentación da guía Criterios de linguaxe non sexista, elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC e que achega unha serie de propostas para un emprego da lingua respectuoso coa igualdade entre xéneros dentro da comunidade universitaria. Na rolda de prensa participan o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva Hermo; e Manuel Bermúdez Blanco, técnico do Servizo de Normalización Lingüística e un dos autores da guía. A continuación realizarase a inauguración da exposición itinerante ‘Non ten nome!’, cedida polo Centro de Estudos da Muller da Universidade de Alacante, unha serie de 30 viñetas cómicas da artista Diana Raznovich cuxo obxectivo é a sensibilización e a reflexión sobre as relacións entre lingua e igualdade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.02.2012.