A EPS de Lugo celebra a graduación da súa sétima promoción de enxeñeiros técnicos en Topografía
A Escola Politécnica Superior de Lugo celebra o venres 22 o acto de graduación da súa sétima promoción de Enxeñería Técnica en Topografía. A cerimonia terá lugar no salón de actos do centro a partir das 19.00 horas, e estará presidido polo vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, que estará acompañado polo director da EPS, Javier Bueno Lema; O delegado da área de Urbanismo do Concello de Lugo, Luís Álvarez Martínez; e o deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, Juan José Díaz Valiño. Tamén intervirá no acto a madriña desta sétima promoción de enxeñeiros técnicos en topografía, a profesora da área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésima e Fotogrametría María Teresa Martín Sánchez, que será a encargada de ir chamando aos novos titulados para a entrega dos correspondentes pins, bandas e diplomas. Por parte do alumnado da promoción falará o estudante Javier Rodríguez Gómez.