Pasar al contenido principal

Os encontros Emprendiápolis prestan atención ás vías de financiamento europeas para Empresas de Base Tecnolóxica

Os Encontros Emprendiápolis organizan unha nova actividade formativa dirixida nesta ocasión ás vías de financiamento europeas dedicados ás Empresas de Base Tecnolóxica (EBT). De matrícula gratuíta, os seus destinatarios/as son profesionais vinculados á área de creación de empresas xurdidas do coñecemento e/ou a tecnoloxía, ben como persoal técnico ou como promotores/as. A cita será este venres 22 no Edificio Emprendia. Na xornada proposta por Emprendiápolis exporanse as diferentes vías de financiamento europeo a partir da experiencia de expertos en preparación de propostas e coordinación de proxectos, ao tempo que se mostran casos prácticos de empresas que se beneficiaron deste tipo de axudas. O programa comezará ás 9.30 e estenderase ata as 12.00 horas cunha mesa redonda que moderará o presidente de RedEmprendia, Senén Barro, na que intervirán o técnica da Oficina de Proxectos Europeos da USC, Martín Cacheiro, e o socio consultor de EOSA, Manuel Veloso. Nun segundo bloque do programa, de 12.30 a 14.30 horas, presentaranse diversos casos de éxito baixo a moderación do director da Axencia Galega de Innovación, Ricardo Capilla. Intervirán Tatiana López del Río, de Nanogap; Marta Arenas Romasanta, de Alvariza Asistencia Técnica Ambiental, e Ana Isabel Rey Asensio, de Biovía Consultor Ambiental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2012.