Pasar al contenido principal

O catedrático Núñez Seixas analiza no seu último libro a figura senlleira de Santiago Montero Díaz

O catedrático de Historia Contemporánea e coordinador do Grupo de Investigación de Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA) da USC, Xosé Manoel Núñez Seixas, acaba de publicar na Editorial Comares o seu último libro dedicado á figura do historiador e político galego Santiago Montero Díaz, que cualifica como “unha personaxe atípica da escena política galega e española do século XX”. O volume La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución é o resultado da investigación e consulta de numerosas fontes hemerográficas, textuais e un rico epistolario persoal que dá conta das ambigüidades do século XX español.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2012.