Pasar al contenido principal

Un grupo de traballo da Facultade de Historia da USC gaña o premio de investigación convocado polo Concello de Cervantes

José Manuel Vázquez Varela (de pé, segundo pola dereita), durante a entrega do premio no Concello de Cervantes (Lugo). A deputada autonómica e profesora da USC Concepción Burgo (primeira pola...
José Manuel Vázquez Varela (de pé, segundo pola dereita), durante a entrega do premio no Concello de Cervantes (Lugo). A deputada autonómica e profesora da USC Concepción Burgo (primeira pola...
O equipo presentou un estudo etnográfico sobre a vida e a paisaxe tradicional neste municipio da Montaña lucense

Un grupo de investigadores da Facultade de Historia da USC coordinado polo profesor José Manuel Vázquez Varela, recibiu o primeiro premio do certame Cervantes Saavedra, convocado polo Concello de Cervantes para promover os estudos relacionados con aspectos históricos deste municipio da Montaña lucense. O luns 23 procedeuse á entrega do premio, dentro dos actos organizados polo concello de Cervantes para conmemorar o Día do Libro. Vázquez Varela, catedrático de Prehistoria, é membro do grupo de investigación 'Ciencia do Sistema Terra', responsable do desenvolvemento deste traballo, no que tamén tomaron parte os profesores da área de Xeografía Física Marcos Válcarcel Díaz e Ramón Blanco Chao, así como a investigadora Marta Otero Otero. O estudo leva por título ‘Tal como somos. Estudo etnográfico da vida e a paisaxe tradicional de Cervantes’ e foi elixido por unanimidade polo xurado entre os dez estudos que se presentaron ao premio nesta primeira edición do certame, que se convocará con periodicidade bianual e que en cada ocasión se centrará nun aspecto relacionado co Concello de Cervantes. No acto de entrega do premio tamén participou a deputada autonómica e profesora da USC María Concepción Burgo, quen presentou un relatorio titulado ‘Campesiños e rendistas. Panorama da provincia de Lugo na Idade Moderna’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2012.