Pasar al contenido principal

Preséntase en Fonseca o volume Historia de la Galicia Moderna

O libro compila as investigacións máis sobresaíntes dos últimos 25 anos en Galicia

Os resultados máis sobresaíntes da investigación que os historiadores e historiadoras galegas realizaron ao longo dos últimos 25 anos no campo da historia moderna de Galicia aparecen compilados nun volume que este martes 17 se presenta na USC. Historia de la Galicia Moderna darase a coñecer aos medios de comunicación o martes 17 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nun acto no que interveñen o reitor Juan Casares; o profesor da USC e coordinador da obra, Isidro Dubert; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés. Entre outros, o volume recolle artigos relacionados cos sinais de identidade galega da época e o protagonismo neles das mulleres e da xente maior; a creación de estereotipos sociais e culturais sobre a xente galega; a resistencia campesiña fronte á presión do poder; a pesca e o comercio marítimo-terrestre; ou os máis variados aspectos da cultura material e os porqués das migracións rurais e urbanas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2012.