Pasar al contenido principal

Os libros da USC estarán presentes no IX Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española

O encontro celebrarase en Cádiz entre o 10 e 0 14 de setembro e contará coa presenza de máis de 400 expertos de todo o mundo

A exposición bibliográfica organizada pola Librería Iberoamericana (Vervuert Verlag) no IX Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española (IX CIHLE), que terá lugar na cidade de Cádiz entre os vindeiros días 10 a 14 de setembro, vai contar cunha importante presenza de libros de lingüística editados polo Servizo de Publicacións da USC nos últimos anos. Trátase dunha selección de títulos –entre os que salientan os «Cuadernos de Español como Lengua Extranjera», as revistas Verba, Moenia e Estudos de Lingüística Galega ou os últimos títulos dos Anexos de Verba e Lalia Maior– que sen dúbida proxectará a vivacidade e dinamismo dos estudos de lingüística na USC entre os máis de 400 participantes no evento, que contará cunha importante participación internacional con especialistas de Chile, Perú, Xapón, Bélxica, Alemaña, Italia ou Francia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.08.2012.