Pasar al contenido principal

A compañía de teatro da USC en Lugo representa a súa obra ‘In yer face. Na túa cara’ na Miteu de Ourense

A produción, escrita e dirixida por Paloma Lugilde, está inspirada no universo angustioso e violento que caracteriza a obra teatral da británica Sarah Kane

A Compañía de Teatro Universitario do Campus de Lugo presenta o domingo 15 a súa última proposta dramática, ‘In yer face. Na túa cara’, dentro da décimo sétima edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, a Miteu. A cita é ás 20.30 horas no Teatro Principal da capital ourensá. Escrita e dirixida por Paloma Lugilde, a produción baséase na obra dramática da británica Sarah Kane e realiza unha proposta onde a angustia, a dor e a crueldade van tecendo a trama, na que unha particular Alicia realiza unha viaxe a un mundo que pouco ten que ver co país das marabillas de Lewis Carroll e no que subxace unha descarnada denuncia da violencia que caracteriza a sociedade moderna. O seu contido non a fai recomendable para o público menor de idade. No mes de maio, a compañía teatral da USC en Lugo levará tamén ‘In Yer Face’ a Santiago de Compostela. Neste caso a representación será o día 14 no Teatro Principal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2012.