Pasar al contenido principal

Prazas vacantes no campamento de verán para nenos e nenas que organiza a Fundación USC Deportiva

A Universidade de Santiago acolle por cuarta vez a actividade Verán CampUSC 2012, un campamento para nenos e nenas que permita conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións escolares ao colectivo da USC.

Logo de pecharse o prazo de preinscrición e abrirse o de pagamento ata o 18 deste mes (a listaxe de persoas admitidas pode consultarse xa), a USC abre agora a convocatoria a toda a sociedade, que aínda dispón de prazas libres nas quendas do 25 ao 29 de xuño, do 23 ao 31 de xullo e do 3 ao 7 de setembro, en horario de 08:45 a 14:15 horas.

O programa diríxese a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos de idade que poderán gozar de numerosas actividades de ocio e tempo libre como obradoiros de pulseiras, máscaras, impresión á auga, cancións, excursións, e da práctica deportiva de esgrima, tenis, deportes de combate, psicomotricidade, atletismo, orientación, xogos predeportivos ou populares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2012.