Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria de probas de acreditación de competencia lingüística nivel B1

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) acaba de publicar a convocatoria de probas de acreditación de competencia lingüística nivel B1 para a obtención do título de grao e para programas de mobilidade para o curso académico 2012/2013. Como novidade fronte convocatorias anteriores, as probas terán lugar de xeito continuado ao longo de todo o curso. Ademais, o alumnado poderá repetir proba e examinarse con maior facilidade de máis dunha lingua.

Para acreditar o coñecemento dun idioma nun nivel B1, sexa para a mobilidade ou para a obtención do título de grao, abonda con que o/a estudante certifique ter superados cursos de idiomas estranxeiros que oferta o CLM e que acreditan o mencionan nivel B1. Ademais, recoñécense aos mesmos efectos unha serie de certificacións doutras institucións. O estudantado de grao ou máster que superara as probas de idioma previas a unha mobilidade e que realizaran esta estadía estarán exentos de realizar exentos de realizar a proba do B1.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.07.2012.