Pasar al contenido principal

A USC celebra o Día do Emprendedor Galego no Uruguai

A Universidade de Santiago participa este martes 27 na celebración do Día do Emprendedor Galego no Uruguai, un acto que organiza a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU) coa que a institución compostelá ten asinado un acordo de cooperación cultural, científica e pedagóxica. Neste acto, a desenvolver por videoconferencia, participa o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; ademais do embaixador de España, Roberto Varela; da directora do Centro de Formación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Violeta Domínguez; e do presidente de AEGU, Jorge Expósito. Está prevista ademais unha charla do enxeñeiro Enrique Baliño sobre o factor de liderado. O acordo entre a USC e AEGU establece o marco de colaboración para, entre outros aspectos, realizar estudos formativos de docentes e estudantes, intercambiar información e documentación, cursos de grao e posgrao e publicacións e proxectos científicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2012.