O Campus de Lugo estrea un punto de venda para a adquisición dos libros editados polo Servizo de Publicacións da USC
A USC acaba de poñer en marcha un punto de venda das súas publicacións no Campus de Lugo. Por este motivo, o martes 3 de xullo, ás 11.30 horas, realizarase no edificio da vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo unha presentación deste novo servizo, que achega á comunidade universitaria de Lugo material editorial da institución académica. Neste mesmo acto darase a coñecer tamén o libro Atención clínica en intoxicaciones de animales, de María Julia Melgar Riol, María Ángeles García Fernández, María del Carmen Nóvoa Valiñas e Marcos Pérez López, todos eles docentes da Facultade de Veterinaria de Lugo ou formados nela. Na presentación intervirán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; a vicexerenta do Campus de Lugo, Carmen Varela Prado; Juan L. Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións; e a profesora Julia Melgar, unha das autoras do manual que se presenta.