Pasar al contenido principal

A USC oferta para o próximo curso 15 graos e 14 másteres oficiais no Campus de Lugo

Pedro García Herradón e Carmen Varela, durante a presentación da oferta de prazas e titulacións da USC no Campus de Lugo para o curso 2012-13
Pedro García Herradón e Carmen Varela, durante a presentación da oferta de prazas e titulacións da USC no Campus de Lugo para o curso 2012-13

A USC impartirá o vindeiro curso 15 graos e 14 másteres oficiais no Campus de Lugo. Así o deu a coñecer o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón na presentación da oferta académica da institución para o curso 2012-13, na que estivo acompañado pola vicexerenta do campus lucense, Carmen Varela. En Lugo, o futuro alumnado poderá elixir entre Administración e Dirección de Empresas (125), Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (35), Enfermería (68), Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural (80), Enxeñaría Civil (50), Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias (80), Enxeñaría en Xeomática e Topografía (50), Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (80), Enxeñaría de Procesos Químicos e Industriais (80), Lingua e Literatura Españolas (25), Mestre en Educación Infantil –mención Educación Sonora e Visual– (90), Mestre en Educación Primaria –mencións Biblioteca Escolar, AICLE e Titoría e Xestión de Centros– (90), Nutrición Humana e Dietética (60), Relacións Laborais e Recursos Humanos (65) e Veterinaria (110). Os másteres oficiais que se poden cursar no Campus de Lugo son os seguintes: Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias, Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria, Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, Avogacía (de nova implantación), Dirección de Actividades Educativas na Natureza, Dirección de Empresas, Formación de Profesorado, Arquitectura da Paisaxe, Dirección de Proxectos, Enxeñería para o Desenvolvemento Rural, Investigación Agraria e Forestal, Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, Industria e Economía Leiteira e Servizos Culturais. O período de matricula, que deberá realizarse por internet (www.usc.es/matricula), comezará con tres prazos en xullo para quen inicie estudos, o primeiro do 13 ao 17, seguido doutro entre o 20 e o 24 e un terceiro do 27 ao 31. En setembro haberá dous máis, entre o 4 e o 6 e do 11 ao 13. Finalmente, en outubro os prazos serán do 2 ao 4, do 17 ao 19 e o derradeiro do 24 ao día 26.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.07.2012.