Pasar al contenido principal

Comezan as observacións astronómicas nocturnas que organiza a USC no Gaiás

Comezan as observacións astronómicas nocturnas que organiza a USC no Gaiás
Comezan as observacións astronómicas nocturnas que organiza a USC no Gaiás

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC colabora coa Consellaría de Cultura na posta en marcha en verán dun programa de sesións de observacións astronómicas nocturnas dende a Cidade da Cultura. A primeira será este venres 6 e continuarán nas noites do 13, 20 e 27 de xullo de 23:00 a 01:00. Tamén dá comezo un obradoiro de reloxos de sol. Quen se achegue en agosto deberá reservar para o 11, o 17 ou o 24, no que as observacións terán lugar de 22:30 a 00:30 horas. A última oportunidade será o 7, o 14 e o 21 de setembro no mesmo horario. Obradoiros didácticos Así mesmo, este ano o programa prevé tres obradoiros didácticos como complemento ás observacións nocturnas. O primeiro, este venres 6, profundará nos reloxos de sol e xa o 11 de agosto, ás 21:00 horas, desenvolverase outro de telescopios no que as persoas participantes aprenderán a sacarlle partido a eses instrumentos ao tempo que se lles informará dos distintos tipos e prestacións. O último será o 7 de setembro ás 21:00 horas e xirará arredor dos bólidos e meteoritos, estando tamén neste caso presente unha interesante mostra destas pedras cósmicas. Os tres obradoiros están pensados para todos os públicos, aínda que a idade recomendada é a partir de 10 anos. A duración é dunha hora aproximadamente e a entrada de balde previa reserva en http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=375.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2012.