Pasar al contenido principal

Phil Baran pronunciará unha conferencia convidado pola Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida

É un dos investigadores máis brillantes do mundo en síntese total de produtos naturais

O investigador Phil Baran, do Instituto Scripps de Investigación (EE.UU.), pronunciará o luns 9 unha conferencia na USC convidado pola Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida. A súa intervención, ás 12.00 horas e incluída no ciclo ‘Frontiers in Science’, versará os estudos en síntese de produtos naturais, precisamente un campo no que está considerado un dos científicos máis brillantes do mundo a pesar da súa xuventude (naceu en 1977).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.07.2012.