O reitor Juan Casares imparte unha conferencia sobre Antonio Casares no IES ‘A Pinguela’
O reitor da USC, Juan Casares, impartirá este martes 25 a partir das 13.00 horas unha conferencia sobre a figura do seu tataravó Antonio Casares ao alumnado do Instituto de Ensino Secundario ‘A Pinguela’ de Monforte de Lemos. O reitor compostelán falará sobre a figura do considerado ‘pai da química en Galicia’, do que este ano se cumpre o douscentos aniversario do seu nacemento e que tamén foi reitor da institución académica compostelá entre 1872 e 1888.