Pasar al contenido principal

O primeiro simposio internacional sobre a narrativa de Rosalía desenvólvese este sábado na USC

‘Unha arma no barro’ é o título do I Simposio Internacional sobre a narrativa de Rosalía de Castro que se desenvolverá este sábado 22 no Centro de Estudos Avanzados Organizado polo grupo de investigación Rosalía de Castro e o Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, o simposio inaugurarase ás 10.00 horas coa presentación do catedrático Darío Villanueva. A continuación intervirán as investigadoras do mencionado grupo Margarita García Candeira, María López Sández, Manus O’Duibhir e María do Cebreiro Villar. A xornada continuará cunha conferencia da investigadora da Universidade de Nottingham Catherine Davies titulada ‘Flavio y el mundo natural’. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar a conferencia ‘Rosalía de Castro, bromista: estilo y época’ a cargo de Andrew Ginger, da Universidade de Bristol. Seguiralle Lou Charnon-Deutsh, da Universidade Stony Brook, titulada ‘Emotional Competency and Reason: Castro’s Exploration of the Epistemic Shift Bounded’.

Este primeiro simposio rematará coa presentación, ás 19.30 horas, do monográfico da revista Grial ‘Novas olladas sobre Rosalía de Castro’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.09.2012.