Pasar al contenido principal

A EPS de Lugo investiga a reciclaxe de residuos urbanos e industriais como fertilizantes de uso agrícola e forestal

Experiencia de plantación de piñeiro insigne en grandes contenedores con fertilización de lodos de depuradora para avaliar ol lavado de nutrientes e metais pesados
Experiencia de plantación de piñeiro insigne en grandes contenedores con fertilización de lodos de depuradora para avaliar ol lavado de nutrientes e metais pesados
O seu alto contido en materia orgánica e nutrientes mellora a estrutura dos solos aumenta a súa produtividade

Un traballo desenvolvido desde a Escola Politécnica Superior de Lugo, dirixido polo catedrático Antonio Rigueiro e a profesora María Rosa Mosquera Losada, ten como obxectivo a reciclaxe de residuos (fundamentalmente lodos de depuradoras de augas residuais urbanas e industriais) para o seu uso como fertilizantes en sistemas agrícolas, forestais e agroforestais. Segundo Rigueiro, “estes lodos teñen un algo contido en materia orgánica e nutrientes, en especial nitróxeno, e poden ser aproveitados por diferentes cultivos”. Esta é unha vía para a eliminación fomentada pola Unión Europea, xa que a producióndestes residuos aumenta constantemente polas políticas de depuración de augasresiduais, e outros xeitos de desfacerse deles (vertedoiros,incineración ou vertido ao mar) non son ambientalmente recomendables. O carácter básico dos lodos fai que contribúan a reducir a acidez do terreo, aspecto importante en Galicia, onde os solos (sobre todo os forestais) adoitan ser acedos ou moi acedos. Os lodos melloran as características físicas e químicas dos solos, xa que a achega demateria orgánica favorece a súa estrutura, e ademais proporcionan nutrientes que incrementan a fertilidade e, en consecuencia, a produtividade. Os lodos poden ter outras aplicacións, como formar parte de substratos en viveirosde plantas agrícolas, forestais e ornamentais, ou ser sometidos aprocesos fermentativos dos que se obteñen gases (como o biogás) que se utilizan para a produción deenerxía. Beneficios económicos e ambientais “A reciclaxe dos lodos de depuradoras como fertilizantes é unha opción boa e rendible dado o elevado prezo actual dos fertilizantes minerais, que se espera que siga medrando.Ademais, os lodos levan o nitróxeno en forma orgánica, polo que se vai liberando pouco apouco, e polo tanto o seu efecto defertilización mantense durante varios anos”, explica Rosa Mosquera. O grupo de investigación de Sistemas Silvopastorais colabora con empresas produtoras de lodos, como Gestagua (responsable da xestión das augas residuais da cidade de Lugo), a procesadora de algas Ceamsa, varias industrias leiteiras e Agroamb-Prodalt,sociedade que xestiona a maior parte dos lodos de depuradora que se producen en Galicia. Através de convenios e proxectos en colaboración con esas empresas, realízanse análisespara estimar o valor agronómico dos lodos, o contido en metais pesados, os efectos da súaaplicación sobre os solos, a produción vexetal, o efecto residual, as dosesrecomendables, a época de aplicación máis axeitada... Nalgunhas comarcas galegas como a Terra Chá lucense é frecuente a utilización dos lodoscomo fertilizantes, por exemplo en pradeiras e cultivos de millo forraxeiro. Control dos compoñentes nocivos Un dos inconvenientes destes residuos é o seu contido en metais pesados, que en solos acedos como os galegos son máis asimilables polas plantas, polo que poden (a través da cadea trófica) chegar aos humanos e causar problemas de saúde. Por iso está regulado o contido máximo de metais pesados que pode conter un lodo para que poida ser utilizado como fertilizante e tamén o contido máximo de metais nos solos para que estes poidan ser fertilizados con estes residuos. Os lodos urbanos de áreas pouco industrializadas, como a zona periurbana de Lugo, adoitan conter un nivel baixo de metais pesados, polo que son apropiados para a súa reciclaxe como fertilizantes. E tamén os residuos das estacións depuradoras dalgunhas industrias, como as leiteiras ou as que procesan algas; pola contra, os lodos das metalúrxicas teñen un alto contido en metais pesados, o que os inhabilita para estes usos. Polo tanto, e unha vez estabilizados, un dos principais problemas que poden presentar os lodos (ademais do posible cheiro desagradable e a dificultade para estendelos uniformemente no campo) é o seu elevado contido en metais pesados, que son acumulativos e poden causar trastornos importantes en animais e humanos. Para minimizar algúns dos problemas que poden causar os lodos utilizados como fertilizantes no medio ambiente e na saúde, nas estacións depuradoras estabilízanse mediante cal ou dixestión aerobia en anaerobia. Recentemente entrou en vigor a primeira normativa autonómica que regula o emprego destes residuos como fertilizantes, norma que vai na dirección de extremar as medidas e controis de precaución e prevención de posibles efectos non desexables. “O resultado tras a estabilización é xeralmente un produto pastoso, húmido e difícil de manexar, almacenar, transportar e aplicar no campo. Por este motivo, un proceso posterior recomendado é a compostaxe, é dicir, a mestura con materia orgánica para que o lodo fermente”, explica Rigueiro, quen indica que nas experiencias do grupo “deu un excelente resultado o uso de lodo de dixestión anaerobia sometido a tratamentos de desecación e peletizado, co cal o residuo queda reducido a uns grans secos moi doados de almacenar, transportar e distribuír”. Dezaseis anos de experiencia O grupo de investigación comezou en 1996 a realizar experiencias de fertilización con lodos, en concreto como abonado de fondo na implantación dunha pradeira sobre a que posteriormente se plantaron especies arbóreas como piñeiros insignes e bidueiros. Actualmente o grupo dispón de parcelas de estudo en gran parte de Galicia, estando entre as máis importantes a da granxa Gayoso Castro (propiedade da Deputación de Lugo e situada no concello de Castro de Rei) e a que se instalou nun terreo particular da parroquia de Baltar, no concello lucense da Pastoriza. Na parcela da granxa Gayoso Castro estableceuse xa en 1996 un pradairo de trevo que se fertilizou con lodos procedentes da industria láctea e na que se plantaron bidueiros e piñeiros; trátase dunha experiencia de grande interese, pois non é sinxelo atopar no mundo ensaios deste tipo con máis de quince anos de antigüidade. Na parcela da Pastoriza tamén se estableceu un pradairo con fertilización mediante lodos de depuradora urbana, e sobre ela plantáronse diversas especies arbóreas: chopos, piñeiros insignes, piñeiros do país, abetos de Douglas, carballos americanos, carballos do país, freixos, eucaliptos e castiñeiros. Plantación de eucaliptos en Valadouro fertilizados con lodos procedentes de industria procesadora de algas Plantación de moreira forraxeira con fertilización en coberteira de lodos de depuradora. Experiencia instalada en Barro - Pontevedra Pradeira na Pastoriza fertilizada con lodos de depuradora urbana sobre a que se plantaron carballos americanos con protectores para evitar danos do gando

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.09.2012.