Pasar al contenido principal

O Colexio de Fonseca abrirá as súas portas a unha mostra retrospectiva do traballo de Manuel Bonome

De esquerda a dereita, Juan Gestal, Ángel Currás, Manuel Bonome e Francisco Durán
De esquerda a dereita, Juan Gestal, Ángel Currás, Manuel Bonome e Francisco Durán
O vicerreitor de Estudantes e o alcalde de Santiago inaugurarán a exposición este mércores 26 ás 19.00 horas

O Colexio de Fonseca abriu as súas portas a unha mostra retrospectiva arredor do traballo de Manuel Bonome e que se poderá visitar ata o próximo 14 de outubro. A inauguración da mostra celebrouse este mércores a partir das 19.00 horas presidida polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e coa asistencia do alcalde, Ángel Currás. Manuel Bonome realiza estudos de escultura en París, chegando a ser alumno da Escola do Louvre. De regreso a Compostela, intégrase na Cátedra de Anatomía da Facultade de Medicina USC como escultor anatómico, posto que xa ocupara ata a súa xubilación Francisco Asorey. Ademais, incorpórase ao claustro de profesores da Escola de Artes e Oficios de Santiago, labor que logo substituirá pola de profesor de debuxo e modelado en ensinanza especial. O percorrido polas distintas etapas creativas de Manuel Bonone presentado no Colexio de Fonseca amosa a poliédrica produción do autor con pezas de diversa natureza e técnica e temáticas de diversa índole. Dende o traballo asociados á Cátedra de Anatomía da USC, con debuxos e estudos previos de diversas partes da anatomía humana ata pezas de porcelana, pasando por tallas, acuarelas e lenzos que deixan constancia dunha vontade polifacética e dun amplo repertorio expresivo no artístico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2012.