Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria para participar no voluntariado universitario de Nacións Unidas

O Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos do Milenio volve este ano cunha nova convocatoria dirixida a estudantes que queiran participar en actividades relacionadas con saúde, educación, medio ambiente e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

A Universidade de Santiago comprométese a facerse cargo de todos os arranxos financeiros e administrativos antes da partida da persoa voluntaria e durante a súa estancia no país de destino, o que inclúe a formación previa, seguro médico e de responsabilidade civil obrigatorio e envío ao país de destino, entre outros asuntos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2012.