Pasar al contenido principal

Unha mostra fotográfica en Fonseca busca rachar cos estereotipos das prácticas arqueolóxicas

Fotografía da mostra dunha reconstrucción dunha piscina romana en Lugo. Foto: Pierre Buch
Fotografía da mostra dunha reconstrucción dunha piscina romana en Lugo. Foto: Pierre Buch
A exposición itinerante ‘Traballar en arqueoloxía’ inaugúrase este martes 4 ás 13.00 horas

A Universidade de Santiago colabora co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na exposición fotográfica itinerante ‘Traballar en arqueoloxía’ que este martes se inaugura ás 13.00 horas no Colexio de Fonseca. Interveñen no acto o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o director do Incipit, Felipe Criado. A exposición, que forma parte do proxecto de investigación ‘Arqueoloxía na Europa Contemporánea (2007-2012)’ financiado polo Programa Cultura da Unión Europea, consta de 30 fotografías de Pierre Buch, reputado fotógrafo belga especialista en fotografía artística e documental do patrimonio cultural e arqueolóxico que plasmou o traballo cotián dos arqueólogos dos países europeos que participan no proxecto. Trátase, por tanto, dunha exposición en torno á arqueoloxía na Europa actual que abarca todas as dimensións das prácticas arqueolóxicas (escavación, rexistro, análise…) e que busca romper as imaxes clásicas e os estereotipos da arqueoloxía tradicional. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de setembro. De entrada gratuíta, o horario de visitas é de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Vista de traballos arqueolóxicos en Nápoles. Foto: Pierre Buch

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2012.