Pasar al contenido principal

O XV Foro de los Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas desenvolverase este ano en outubro

Os días 10 e 11 de outubro desenvolverase na Illa da Toxa o XV Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas que, organizado por profesorado da USC, ten como obxecto actualizar o coñecemento e mostrar os avances máis recentes nos ámbitos dos recursos mariños e a acuicultura así como favorecer o contacto entre centros de investigación, empresas e institucións públicas de Galicia, España e Europa. Como en edicións anteriores, ForoAcui estruturarase en cinco mesas de debate que nesta ocasión se definiron como: Estratexia galega de acuicultura e planes de desenvolvemento acuícola; Acuicultura; Empresa e recursos; Marisqueo y pesca de baixura; e Campus do Mar. Como tamén vén sendo habitual, paralelamente terá lugar o ciclo ‘Cultivando o Mar, que este año chega á súa vixésimo cuarta edición e que abordará o cultivo do salmón na ría de Muros-Noia e a depuración de moluscos en batea.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.09.2012.