Pasar al contenido principal

Down Compostela inaugura o luns a exposición fotográfica Miradas

Poderá visitarse no Colexio de Fonseca do 15 ao 23 de outubro

O Colexio de Fonseca da USC albergará do 15 ao 23 de outubro a exposición Miradas, unha iniciativa da Fundación Down Compostela que demostrará que entre as persoas con e sen discapacidade son moitas máis as semellanzas que as diferenzas. A mostra inaugurarase o luns ás 20.00 horas nun acto no que participan o reitor Juan Casares; a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado; o presidente da Fundación, Juan Martínez; o fotógrafo Rafael Pasadas; e a modelo da serie 'Aficións' Carla Tojo. Na exposición participaron os fotógrafos profesionais Cristina de Middel, Óscar Dacosta, Rafa Pasadas, Moncho Rivadulla e Luis Díaz que de maneira altruísta aceptaron o reto de reflectir a súa particular forma de ver as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. Miradas está formada por 27 fotografías, en tamaño 30x45 centímetros, agrupadas nas cinco temáticas que conforman o proxecto do mesmo nome posto en marcha este ano por Down Compostela. Cristina De Middel reflectiu algunhas das actividades que realizan os más pequenos que acoden habitualmente á Fundación Down Compostela. Óscar Dacostamostra a autonomíadas persoas con Síndrome de Down. Moncho Rivadulla captou a expresividade e entusiasmo dalgúns nenos e nenas en clases de música e a súa capacidade creativa. Rafa Pasadasensina como a vida en parella tamén é unha realidade para moitas persoas con discapacidade e Luis Díaz fotografou as diferentes e variadas afeccións que teñen os protagonistas desta exposición.

A exposición poderá visitarse en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas de luns a sábado. Posteriormente percorrerá algúns dos municipios da comarca antes de regresar de novo a Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.10.2012.