Pasar al contenido principal

A USC formará parte do grupo de traballo nacional da FECYT para o Acceso Aberto

O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, foi formalmente convidado pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a integrarse no grupo de traballo nacional para a coordinación de estratexias, políticas e infraestruturas de acceso aberto en España, dentro da Rede do Mediterráneo de Acceso Aberto (Mediterranean Open Access Network, MedOAnet), na que participa de xeito activo a FECYT. A primeira reunión do grupo, que se celebrará conxuntamente cun obradoiro de experiencias e debate sobre acceso aberto, terá lugar en Madrid o vindeiro día 22, coincindo coa Semana do Acceso Aberto (Open Access Week 2012). MedOAnet é un proxecto internacional financiado polo sétimo Programa Marco da UNE que busca estimular o desenvolvemento de políticas de apoio ao acceso aberto á información científica no sur de Europa e está integrado por España, Francia, Italia, Grecia, Portugal e Turquía. Os seus obxectivos fundamentais son reforzar e coordinar as estratexias das políticas de acceso aberto nos países do sur de Europa, contactar cos decisores políticos nesta materia e propoñer e definir boas prácticas e recomendacións dirixidas á máis eficiente e completa implantación do acceso aberto á información científica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2012.