Pasar al contenido principal

A USC e Confemadera Galicia asinan un convenio para a realización dun posgrao propio

O reitor Juan Casares Long e o presidente da Confederación Galega de Empresarios da Madeira (Confemadera Galicia), Elier Ojea Ureña, asinan este martes 16 un convenio para colaborar na realización do Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, posgrao propio da USC que xa vai pola súa terceira edición. A sinatura será ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O título especializa en relación a aspectos de cálculo e deseño de estruturas de madeira para edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil, de aí que Confemadera Galicia decida apoiar economicamente o seu desenvolvemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2012.