Pasar al contenido principal

Presentación do II Congreso Internacional da Sociedade Científica de Odontoloxía Implantolóxica

Medio centenar de relatores de diferentes países presentarán as principais novidades que no campo da práctica clínica e a investigación se están a desenvolver na implantoloxía

Preto de medio centenar de relatores de Italia, Alemaña, Estados Unidos, Corea, Taiwan e Suíza traerán a debate a Compostela as principais novidades que no campo da práctica clínica e a investigación se están a desenvolver na implantoloxía odontolóxica. Será no transcurso do segundo congreso internacional da Sociedade Científica de Odontoloxía Implantolóxica (SCOI), ao que está prevista a asistencia de aproximadamente 300 profesionais e representantes das principais empresas do sector. Os principais detalles do programa presentaranos en rolda de prensa este mércores 24 os profesores da Facultade de Odontoloxía, Gonzalo López Castro e Mercedes Gallas. A comparecencia ante os medios de comunicación comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Os avances tecnolóxicos na cirurxía guiada, próteses implantarias biolóxicas, a patoloxía periimplantaria, rexeneración ósea, enxertos óseas ou complicacións implantolóxicas son algúns dos temas que integran o programa a desenvolver entre os días 25 e 27 próximos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2012.