Pasar al contenido principal

A Asociación Estudiantil de Natureza e Defensa Animal promove a instalación de hortos urbanos no Campus de Lugo

A iniciativa vai dirixida aos membros da comunidade universitaria que queiran dispoñer dunha parcela para cultivos ecolóxicos e autoconsumo

A Asociación Estudiantil de Natureza e Defensa Animal (Aenda) de Lugo, formada por un grupo de estudantes unidos polo seu interese común na conservación da natureza, promove o acondicionamento dunha zona do Campus de Lugo para que sirva de horto urbano, de modo que as persoas interesadas dispoñan dunha parcela na que poder cultivar as súas propias hortalizas, co fin de fomentar a agricultura ecolóxica e de autoconsumo no ámbito universitario. En caso de haber demanda suficiente para que a iniciativa se desenvolva, o horto urbano estará situado detrás da Facultade de Veterinaria. A iniciativa está pensada para comezar o curso coas plantacións de inverno. As persoas interesadas en recibir información sobre o proxecto e dispoñer dunha parcela neste terreo poden enviar un correo a aenda [at] live.com (aenda[at]live[dot]com). Aenda é unha iniciativa nacida en 2005 e desde a que se promove defensa dos animais, a defensa do medio ambiente e a conciencia social cara aos problemas que afectan os seres vivos. Os seus voluntarios desenvolven todo tipo de actividades no ámbito universitario e local, como a colaboración coa protectora de animais, a proxección de documentais ou a organización de charlas informativas, talleres e roteiros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.10.2012.