Pasar al contenido principal

A mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns pode visitarse ata o 29 de agosto no Colexio de Fonseca

A mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns pode visitarse ata o 29 de agosto no Colexio de Fonseca
A mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns pode visitarse ata o 29 de agosto no Colexio de Fonseca
A exposición fai un percorrido polos elementos da vida diaria que, malia a súa recente invención ou aparente sinxeleza, acabaron converténdose en imprescindibles

O Colexio de Fonseca acolle ata o mércores 29 de agosto a mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns, unha innovadora exposición de divulgación do deseño daqueles obxectos que compoñen a nosa rutina e os nosos costumes e que se exhibe por primeira vez en España. A proposta parte do Vitra Design Museum alemán, en cooperación con Hi-Cone, está producida e organizada pola Obra Social ”la Caixa” e conta coa colaboración da USC e o Concello de Santiago. O lapis, a cremalleira, o clip, o apósito, o taco de parede, o velcro ou a pinza para tender a roupa son inventos que pasan desapercibidos no día a día, afeitos xa ao seu uso habitual, pero que modularon a nosa existencia de forma concluínte e evidente. Estes obxectos forman parte dos 27 elementos da mostra, que os analiza baixo catro aspectos: innovación, produción, evolución e inspiración. Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns, comisariada por Jochen Eisenbrand e Laura Hompesch, conservadores do Vitra Design Museum, permite extraer interesantes conclusións sobre acertadas estratexias creativas e empresariais, ou sobre como o azar converteu en produtos masivos e de éxito inventos que foron concibidos como algo completamente distinto. Para a súa exhibición en España inclúese tamén o que se agocha tras algúns obxectos propios da cultura española coma o abanico ou o cántaro. O horario da exposición é de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17 a 20.30 horas e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.08.2012.