Pasar al contenido principal

O proxecto ‘Nomes e voces’ actualiza a súa web cun especial da Xeografía da Represión en Galicia

O proxecto interuniversitario ‘Nomes e voces’ acaba de incorporar na súa web (www.nomesevoces.net) un especial dedicado á Xeografía da Represión en Galicia entre os anos 1936 e 1939. Así os lugares de morte e de enterramento ‐fosas en campo aberto, enterramentos de persoas represaliadas en recintos funerarios e fosas comúns‐, poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información individual de acordo coa Base de Datos de Vítimas da Represión en Galicia do Proxecto e outras fontes diversas, sen esquecer a representación gráfica. Este contido especial, elaborado polo investigador e coordinador do proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, desenvólvese no marco do convenio de colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España, polo que o Proxecto ‘Nomes e Voces’ comprometeuse a entregar a este Ministerio toda a información relativa á xeografía darepresión no territorio galego delimitada no período que se estende do ano 36 ao 39.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2011.