Pasar al contenido principal

O Instituto universitario de Oftalmobioloxía Aplicada de Valladolid recoñece a traxectoria do catedrático da USC Jerónimo Forteza

O profesor Jorteza nunha recente homenaxe na Facultade de Medicina da USC
O profesor Jorteza nunha recente homenaxe na Facultade de Medicina da USC
Entrégalle na tarde deste venres o X Premio Díaz Caneja

O Instituto Universitario de Oftalmobioloxía Aplicada (IOBA) da Universidade de Valladolid entrégalle este venres o X Premio Díaz Caneja a Jerónimo Forteza Vila, catedrático de Anatomía da USC que foi xefe do Servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e que durante anos mantivo unha intensa relación co IOBA. O galardón, instituído en lembranza do primeiro catedrático de Oftalmoloxía e reitor desa universidade, entregarallo no Paraninfo da institución valisoletana en representación do reitor o vicerreitor de Infraestruturas, Antonio Orduña, en presenza do conselleiro de Educación da Xunta de Castela e León, Juan José Mateos. Previamente o profesor Juan Cuevas, director do Laboratorio de Patoloxía Ocular do IOBA, e o director do Instituto, José Carlos Pastor, realizarán unha semblanza do homenaxeado. Lección do profesor Forteza ‘Investigación traslacional en Biomedicina a principios do s. XXI. Visión dun patólogo’ é o título da lección que o profesor Forteza lerá no acto de entrega do premio. Nela falará dos beneficios económicos e sociais da inversión na investigación sanitaria, cunha incidencia clara na mellora dos indicadores de calidade de vida e na redución da mortalidade. Parafraseando a Pedro García Barreno, o catedrático compostelán defende “que os gobernos manteñan o seu papel como financiadores da investigación científica de calidade nas súas institucións”. Para iso aposta por unha investigación biomédica traslacional –que define como “a aplicación dos coñecementos básicos adquiridos no laboratorio á práctica clínica para mellorar a asistencia médica-, de excelencia, que invista en tecnoloxía, situada estratexicamente, interdisciplinaria, coordinada e globalizada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2011.