Pasar al contenido principal

Comeza un ciclo de cine dedicado a Bertrand Tavernier, que visitará a USC o venres

Comeza un ciclo de cine dedicado a Bertrand Tavernier, que visitará a USC o venres
Comeza un ciclo de cine dedicado a Bertrand Tavernier, que visitará a USC o venres

O vindeiro luns 31 comezará un ciclo de cine dedicado ao director francés Bertrand Tavernier. Está organizado polo III Congreso Internacional Historia e Cine: Modelos de interpretación para o cine histórico que se desenvolverá a partir do 3 de novembro en Santiago e no que Tavernier pronunciará a conferencia de clausura o venres 5. Ao longo de toda a semana proxectaranse as películas máis significativas deste director, comezando o luns por O xuíz e o asasino (1975) e continuando con Un domingo no campo (1984), O reloxeiro de Saint Paul (1974), Capitán Conan (1996) e finalmente Salvoconduto (2002). As sesións serán na Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín (rúa do Vilar) ás 20.00 horas, con acceso libre. A filmografía de Tavernier, considerado un dos realizadores franceses máis importantes da actualidade, ofrece algunhas das reflexións máis interesantes sobre a sociedade francesa e os momentos máis singulares da súa historia contemporánea como son os grandes traumas que supuxeron as dúas guerras mundiais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2011.