O Cemu Profesional de Fingoi será o escenario do ciclo ‘Músicas na Vidreira’
Un grupo de guitarristas e clarinetes ofrecerá una concerto este luns 28 en Lugo
O Centro de Música Fingoi acollerá este luns 28 de febreiro unha nova actuación do ciclo ‘Músicas na Vidreira’ de Lugo Cultural. Un grupo de guitarristas e un cuarteto de clarinetes ofrecerán un concerto a partir das 11.30 horas no Cemu Profesional de Fingoi. ‘Músicas na vidreira’ é unha aposta de Lugo Cultural encamiñada á promoción dos novos intérpretes integrados nos centros formativos musicais de Lugo. Os concertos teñen unha duración duns vinte minutos e este ano distribúense en diferentes emprazamentos do ámbito universitario, completando outra das iniciativas deste programa centrada na música clásica como é o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.