Pasar al contenido principal

O IBADER será o próximo escenario do ciclo ‘Músicas na Vidreira’

Alumnos da Fábrica de Sons levarán a cabo un pequeno concerto o vindeiro luns no Campus de Lugo

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) , emprazado no Campus de Lugo, será o vindeiro luns 7 de febreiro escenario para unha nova actuación do ciclo ‘Músicas na Vidreira’ de Lugo Cultural. Os alumnos do centro de ensino musical Fábrica de Sons serán os protagonistas deste terceiro concerto que se celebrar ás 11:30 horas.

‘Músicas na vidreira’ é unha aposta de Lugo Cultural encamiñada á promoción dos novos intérpretes integrados nos centros formativos musicais de Lugo. Os concertos teñen unha duración duns vinte minutos e este ano distribúense en diferentes emprazamentos do ámbito universitario, completando outra das iniciativas deste programa centrada na música clásica como é o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2011.