Pasar al contenido principal

A USC conmemora este venres en Lugo a festividade do seu patrón, San Tomé de Aquino

O reitor da USC, Juan Casares Long, presidirá o acto académico no que a lección maxistral correrá a cargo do profesor Luis Botana

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presidirá este venres 28 o acto académico de celebración da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade. A sesión comezará ás 12:00 horas no Salón de Actos ‘Enrique A. González García’ da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

O profesor de Farmacoloxía da USC Luis M. Botana López ofrecerá a lección maxistral titulada ‘ A farmacoloxía das ficotoxinas como exemplo de I+D con proxección social’. Deseguido, o reitor da USC pronunciará o seu discurso que dará paso ao Coro Universitario para poñer o broche final á cerimonia. O acto poderase seguir a través da canle ‘directo’ USC TV, accesible dende a páxina web da institución, así como dende os enlaces http://tv.usc.es ou http://tv.usc.es/directo

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.01.2011.