As rutas de sendeirismos da USC transitarán en febreiro por Arenteiro, Leiro e polos muíños do Folón e do Picón
As rutas de sendeirismo da Área de Deportes da USC transitarán no mes de febreiro por Pazos de Arenteiro, Leiro e polos muíños do Folón e do Picón. Será en dúas xornadas a celebrar o día 12 e o 26 de febreiro. No primeiro caso, para o que está aberto o prazo de inscrición ata o próximo día 9, os participantes realizarán unha ruta por Pazos de Arenteiro-Leiro cun percorrido que se estenderá ao longo de doce quilómetros con desnivel medio e dificultade media-baixa. Pola súa banda, a ruta dos Muíños do Folón e do Picón ten unha lonxitude de quince quilómetros, nun percorrido de desnivel e dificultade media. Para este traxecto o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de febreiro.
As persoas interesadas teñen á súa disposición información de ambos os dous percorridos na páxina web da Área de Deportes (http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/natureza/rotas-feb.html).