O Centro de Linguas Moderna organiza a proba de nivelación para os cursos de idiomas do segundo cuadrimestre
O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) organiza este venres 11 as probas de nivelación para as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que neste segundo cuadrimestre promove o centro. A oferta do CLM inclúe no Campus de Santiago cursos cuadrimestrais de 40 horas de catalán, checo, danés, portugués e ruso, así como cursos intensivos de chinés e de xaponés. Ademais, o alumnado terá á súa disposición unha nova edición dos cursos de galego para non galegofalantes, tanto en Santiago como en Lugo. O abano de cursos complétase cun de Literatura e Cultura Española a través do Cine e outro de preparación para o exame DELE B2 de español, ambos os dous para alumnos estranxeiros.