Pasar al contenido principal

O Centro de Linguas Modernas mantén aberta a matrícula do seu programa de cursos para o segundo cuadrimestre

O Centro de Linguas Modernas mantén aberta a matrícula do seu programa de cursos para o segundo cuadrimestre
O Centro de Linguas Modernas mantén aberta a matrícula do seu programa de cursos para o segundo cuadrimestre

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) oferta durante o segundo cuadrimestre diversas propostas para o estudo de idiomas modernos. Así, no Campus de Santiago están previstos cursos cuadrimestrais de 40 horas de catalán, checo, danés, portugués e ruso, así como cursos intensivos de chinés e de xaponés.

Ademais, o alumnado terá á súa disposición unha nova edición dos cursos de galego para non galegofalantes, tanto en Santiago como en Lugo. A oferta do CLM completaríase cun Curso de Literatura e Cultura Española a través do Cine e outro de preparación para o exame DELE B2 de español, ambos os dous para alumnos estranxeiros.

Matrícula e requisitos
O único requisito para tomar parte nestes cursos é ter cumpridos 16 anos de idade. O prazo de matrícula para os cursos de catalán, checo, chinés, danés, galego para non galego falantes, portugués e ruso remata o 22 de febreiro, mentres que para o curso de cultura e literatura española a través do cine estenderase dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo. Finalmente, o prazo para o curso preparatorio do DELE B2 rematará o 2 de marzo.

Todas as persoas interesadas en cursar estudos nunha lingua da que xa posúan coñecementos previos terán que facer unha proba de nivelación o día 11 de febreiro. Ata ese día poden inscribirse nela a través da páxina web do CLM.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2011.