Pasar al contenido principal

Últimos días para optar as prazas de intercambio coas universidades españolas Sicue para o curso 2011-2012

Últimos días para optar as prazas de intercambio coas universidades españolas Sicue para o curso 2011-2012
Últimos días para optar as prazas de intercambio coas universidades españolas Sicue para o curso 2011-2012
O prazo de matrícula remata este venres 18 de febreiro

A USC, a través da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, convoca as prazas de mobilidade para estudantes da USC do Sistema de Intercambio con Universidades Españolas (Sicue) para o curso 2011-2012. Os alumnos dos campus de Lugo e Santiago que desexen optar a estas bolsas deben realizar a solicitude en liña, que estará dispoñible na Secretaría Virtual dos Estudantes, ata este venres 18 de febreiro (inclusive). Os candidatos deben imprimir dúas copias da súa petición nos rexistros xerais da USC ou dos xeitos e lugares establecidos na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas. As solicitudes deben ir acompañadas dunha memoria xustificativa da súa petición, de dous folios como máximo. Os candidatos deben ter superados un número mínimo de créditos ou materias, dependendo do tipo de estudos que cursen: planos renovados e non renovados e ensinanzas de grao, requisito que debe cumprirse a 30 de setembro de 2010. En cada un dos centros da USC nomearase unha comisión de selección encargada da selección dos alumnos, na que se valorará os aspectos académicos e a memoria xustificativa. Para máis información pode consultarse o enlace http://www.usc.es/es/goberno/vrrelins/portal_internacional/sicue_seneca.html .

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2011.