Pasar al contenido principal

A Asociación Galega de Investigadores da Auga debate sobre o plano hidrolóxico para a costa galega na Politécnica

AGAIA está constituída por investigadores das tres universidades galegas

A Escola Politécnica Superior acolle este mércores 26 de xaneiro unha xornada de traballo sobre o borrador do plano hidrolóxico Galicia Costa, organizada pola Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), que conta coa colaboración de Augas de Galicia.

A actividade celebrarase na sala de xuntas da EPS dende as 10:00 ata as 18:30 horas, tempo no que os expertos traballarán en mesas temáticas e despois debaterán en conxunto para redactar finalmente as conclusións sobre o documento previo do plan hidrolóxico para a costa galega. Durante a xornada terá lugar, ademais, a Primeira Asemblea Xeral Ordinaria de AGAIA, asociación presidida polo profesor Fernando Cobo Gradín, do Laboratorio de Hidrobioloxía da USC. Precisamente un dos puntos da orde do día nesta xuntanza será a renovación da xunta directiva. O colectivo de investigadores da auga naceu no ano 2009 e conta con membros das tres universidades galegas e da Xunta de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2011.