Pasar al contenido principal

Preséntanse en Lugo 24 unidades didácticas elaboradas por docentes do Campus

Axudar ao mellor desenvolvemento do labor docente é a finalidade das unidades didácticas que este venres 25 se presentan ás 12.00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría do Campus de Lugo. En concreto daranse a coñecer 24 novas unidades elaboradas por profesoras e profesores do campus lugués froito dun curso organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria e o Servizo de Normalización da USC. A presentación correrá a cargo dos vicerreitores do Campus de Lugo e de Cultura, Pedro García Herradón e Francisco Durán; do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco; e o responsable da Área de Asesoramento Lingüístico do Servizo de Normalización da USC, Manuel Bermúdez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2011.