Pasar al contenido principal

As sesións da asociación IV Ciclo Universitario de Lugo sobre consumo profundan na seguridade alimentaria

As charlas sobre o consumo que a asociación IV Ciclo Universitario desenvolve ao longo deste mes terá este mércores 23 como convidada á profesora da Facultade de Veterinaria Pilar Calo Mata para falar sobre ‘Seguridade alimentaria’. A intervención desenvolverase a partir das 20.00 horas no Salón de Actos Casa do Saber da Vicerreitoría de Lugo. En ‘Seguridade alimentaria’ Pilar Calo fará unha análise arredor das calidades e riscos da alimentación actual para a saúde dende o punto de vista do ciclo que comeza coa produción, procesamento e distribución e que remata coa compra, preparación e consumo. A docente referirase ás principais ameazas e riscos de carácter físico, químico e biolóxico da comida, principais enfermidades que se poden transmitir por esta vía e potenciais perigos asociados a novas formas de presentación de alimentos. Pilar Calo Mato imparte docente na Facultade de Veterinaria e no Máster en Biotecnoloxía e de Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria. É autora de máis de medio cento de artigos en revistas científicas e numerosos capítulos de libros e ten dirixido ou participado en numerosos proxectos e contratos de I+D con empresas e administracións públicas en colaboración con outros grupos españois e europeos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2011.