Pasar al contenido principal

O portal web da Fundación CEER consolídase entre os de temática eurorrexional máis visitados

Detalle da páxina web do CEER
Detalle da páxina web do CEER

O web da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (http://fceer.org) estase a converter na páxina web de temática Eurorrexional máis visitada segundo o ranking proporcionado pola ferramenta de posicionamento web Alexa (http:// www.alexa.com). As estatísticas proporcionadas polo Centro de Supercomputación de Galicia- CESGA - que é hosting da páxina web do CEER (http://fceer.org/awstats/awstats.fceer.org.html)-, sinalan que o número de visitas á páxina increméntase cada mes, acadando no pasado marzo os 13.223 usuarios. Segundo a análise comparativa realizada nese mes, a páxina web do CEER lidera o ranking das páxinas web transfronteirizas, seguidas polas plataformas web de Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (www.eixoatlantico.com), a Fundación Galicia Europa (http://fundaciongaliciaeuropa.eu), a Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Regional do Norte (www.ccr-norte.pt), Comunidade de Trabalho Galicia - Norte de Portugal (www.galicia-nortept.org) e a a rede Eures Transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (http://www.eures-norteportugal-galicia.org/ ). A páxina web do CEER conten diariamente as noticias máis relevantes relativas ás actividades universitarias, eventos, cursos, conferencias, así como ofertas de emprego, bolsas de mobilidade interuniversitaria ou premios, entre outros, que se ofrecen a toda a comunidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ademais inclúese o acceso a outros servizos como unha Unidade de Comunicación Científica (para explicar os resultados da investigación que se desenvolve nas Universidades á sociedade en xeral), un Club de Lectura virtual en galego e portugués, un Centro de Documentación, un catálogo de grupos de investigación das seis Universidades da Eurorrexión, un Museo Virtual Universitario ou información sobre foros de debate, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.04.2011.