Pasar al contenido principal

Unha mostra en Ciencias da Educación propón unha reflexión pedagóxica arredor de ‘Os xoguetes da nosa infancia’

A mostra pódese visitar ata o próximo venres 6 en Ciencias da Educación-Campus Norte
A mostra pódese visitar ata o próximo venres 6 en Ciencias da Educación-Campus Norte

Co obxecto de profundar no valor pedagóxico dos xoguetes, alumnado e profesorado dos graos de Pedagoxía e Maxisterio organizan ao longo desta semana a mostra ‘Os xoguetes da nosa infancia’, aberta ao público na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. Trátase dunha primeira exposición, que os organizadores agardan que teña continuidade no futuro, na que colaboran estudantes das materias de Deseño de Avaliación de Materiais Didácticos de Pedagoxía e de Maxisterio, o profesor Xesús Rodríguez e a investigadora Laura Rego. Nela mostra o alumnado amosa os xoguetes que empregaron na súa infancia acompañados dalgunhas reflexións de carácter pedagóxica sobre o su valor na formación persoal, social e cultural dos individuos. A persoa que se achegue ata Ciencias da Educación atopará un abano de xoguetes que abarcan un espazo temporal amplo, con propostas de tempos recentes convivindo con xogos tradicionais. Cada un dos obxectos expostos acompáñase dunha ficha na que se identifica a peza en cuestión pola súa procedencia xeográfica, modalidade de uso ou rango de idade no que se utilizou.

A mostra pódese visitar en horario de mañá e tarde, este martes 3 e o xoves 5 de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30; e o mércores 4 e o venres 6, co mesmo horario matinal e pola tarde de 16:30 a 18:30.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2011.