Pasar al contenido principal

Óscar Hermida deixa o Azkar para asumir a xerencia da Fundación USC Deportiva

Óscar Hermida deixa o Azkar para asumir a xerencia da Fundación USC Deportiva
Óscar Hermida deixa o Azkar para asumir a xerencia da Fundación USC Deportiva

O que durante cinco anos foi xerente do Azkar Lugo de fútbol sala, Óscar Hermida Otero, acaba de superar un proceso selectivo na Universidade de Santiago fronte a máis de corenta candidatos polo que pasa a asumir a xerencia da súa fundación deportiva. Hermida chegou á entidade luguesa en xuño de 2005 para ocupar o cargo de director de márketing e publicidade, substituíndo en abril de 2006 a Javier Rico como xerente do clube e da fundación, posto que ocupou ata hoxe. Previamente fora xerente adxunto da Fundación Baloncesto Galicia (Balogal) e da Fundación Deportiva e Social de Galicia do Grupo Breogán. O novo xerente da Fundación USC-Deportiva é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña. A súa formación completouna con diversos cursos e títulos como o I Programa de Dirección de Entidades Deportivas da IESE Business School, o Curso Superior en Xestión de Sociedades e Entidades Deportivas da Universidade ReY Juan Carlos ou o curso de Comunicación e Deporte da USC, entre outros. A Fundación e o Servizo de Deportes da USC encárganse de planificar, xestionar e levar a cabo as actividades deportivas da Universidade, fundamentalmente estruturadas en escolas, deporte federado e libre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2011.