Pasar al contenido principal

O reitor da USC preside a entrega da medalla Alejo Carpentier do Goberno cubano a Xosé Neira Vilas

O Consello de Estado da República de Cuba entrégalle este xoves ao escritor galego Xosé Neira Vilas a medalla Alejo Carpentier nun acto que presidirá o reitor ás 11:00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. A universidade, a través da súa Cátedra de cultura cubana Alejo Carpentier, quere sumarse ao recoñecemento a unha das plumas máis sobranceiras da literatura galega que pasou boa parte da súa vida na illa americana que este xoves o homenaxea. Ademais do propio Neira Vilas interveñen na cerimonia o cónsul de Cuba en Santiago de Compostela, Alejandro Fuentes, e a directora da Cátedra da USC, Ana Chouciño, que fará unha semblanza do escritor.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2011.