Pasar al contenido principal

O profesor Jorge Mira faise co Premio da Crítica de Galicia 2011 na categoría investigadora

Jorge Mira
Jorge Mira

O catedrático da USC e responsable do ciclo de divulgación científica ConCiencia, Jorge Mira, recibiu esta fin de semana en Vigo o Premio da Crítica de Galicia 2011 na modalidade de investigación por liderar o traballo ‘A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo estable cando dúas linguas compiten’, realizado con Luís Seoane e Juan Nieto. Na concesión do premio o xurado destacou a "gran recepción e impacto" que o traballo tivo en Galicia e nos circuítos científicos internacionais á vez que valorou que "concilie” a investigación en ciencias experimentais coas humanidades e as ciencias sociais. Outros premiados

Nesta trixésimo quinta edición acadaron premio tamén a escritora Ana Romaní no apartado Creación literaria; a orquestra Son de Seu en Música; o Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Iniciativas culturais; Ángela de la Cruz en Artes plásticas e visuais; e a compañía Teatro Chévere en Artes escénicas e audiovisuais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2011.