Pasar al contenido principal

‘O compromiso social da xuventude: Participación e aprendizaxe-servizo’, curso de verán na Facultade de Ciencias da Educación

O curso de verán da USC ‘O compromiso social da xuventude: Participación e aprendizaxe-servizo’ que dirixe o catedrático Miguel A. Santos Rego, e cuxo secretario é Alexandre Sotelino Losada, inaugúrase o luns 18 ás 10.00 horas na Aula Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Participan no acto o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva Hermo. Durante os catro días do curso os alumnos matriculados asistirán a varios relatorios a cargo de Roser Batlle Suñer, do Centro Promotor de Aprendizaxe-servizo de Cataluña; Josep María Puig Rovira, da Universidade de Barcelona; Moisés Lozano Paz, catedrático de ensino secundario; e Miguel A, Santos Rego, Julio Cabrera, Mar Lorenzo Moledo, e Javier Fernández Agrafojo, todos eles da USC. Ademais, terán lugar diversas mesas redondas. Gabriel Caínzos, Javier González e Santiago Fernández participarán na titulada ‘Iniciativa Xove en Galicia: aprendendo da experiencia’, mentres que Miguel Dios Diz, Margarita Lobato e Carlos Ferreiro profundarán na aprendizaxe-servizo nos centros de ensino en Galicia. Por último, Alexandre Sotelino, Jesús Rodríguez e María Vázquez intefvirán no debate ‘Aprendizaxe-servizo na Universidade: innovación e boas prácticas’ O curso, organizado polo Grupo de Investigación Esculca da USC, supón unha ocasión única para que a xente nova implicada no voluntariado ou en organizacións cívicas, así como estudantes e profesionais do ámbito educativo e social, coñezan e dialoguen sobre as posibilidades da aprendizaxe-servizo en contacto directo con importantes especialistas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.07.2011.