Pasar al contenido principal

O curso de verán ‘O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo’ debaterá sobre os sectores forestal, agropecuario e de servizos

Profesionais, expertos universitarios, representantes da administración autonómica e da industria serán os interlocutores do curso de verán ‘O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo: sectores forestal, agropecuario e de servizos’. Esta nova edición deste curso celebrarase do 18 ao 21 de xullo na Casa do Concello de Sarria dirixio por José Federico García e Manuel Gómez. Na primeira sesión, os relatorios abrirán unha reflexión colectiva respecto da influencia da investigación na viabilidade do sector gandeiro galego, o traballo humano como factor de produción e de realización persoal, alternativas para abaratar custes de produción do leite e da carne e sobre a comunicación entre produtividade e competitividade. Xa o día 19 ademais dunha visita á empresa Sarriglas, falarase sobre a cooperación dos gandeiros na transformación e comercialización dos produtos e sobre as estruturas agrarias como condicionante da viabilidade económicas das explotación galegas. Ao día seguinte expertos e profesionais presentarán propostas para unha política forestal que incremente o seu peso no PIB galego e como a produción ecolóxica pode complementar á produción tradicional, ademais de visitar a empresa CIMPOR-Cimentos de Portugal.

Na xornada de clausura, partindo dun relatorio sobre oportunidades de emprendemento na zona centro-sur da provincia, celebraranse ademais un obradoiro de propostas para o desevolvemento e potenciación da zona e unha mesa redonda na que se debaterá sobre accións emprededoras para o desenvolvemento económica da comarca de Sarria. Existe máis información sobre o programa e sobre o proceso de matrícula na páxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran30_11.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2011.