O festival Amal de cine euroárabe busca voluntarios entre o alumnado da USC
A organización do festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal, que terá lugar en Santiago entre os días 24 e 29 de outubro, está a buscar voluntarios entre o alumnado da USC para os seus departamentos de prensa, produción, tradución e interpretación, montaxe audiovisual, relacións públicas e deseño. As persoas interesadas deben enviar o seu currículo xunto cunha carta de presentación e unha fotografía a formaci%C3%B3n [at] araguaney.com (formación[at]araguaney[dot]com) indicando a área de interese e a dispoñibilidade.