Pasar al contenido principal

Quince centros da USC obteñen o certificado de verificación dos seus Sistemas de Garantía Interna de Calidade

Un total de 23 centros da USC xa obtiveron o certificado de verificación dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade para un total
Un total de 23 centros da USC xa obtiveron o certificado de verificación dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade para un total
Un total de 23 xa dispoñen deste recoñecemento, estando pendentes outros cinco

Os quince centros da USC que participaron na terceira convocatoria do Programa Audit obtiveron o certificado de verificación dos seus Sistemas de Garantía Interna de Calidade. Esta é unha convocatoria que organizan a Agència per a la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya, a Aneca e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG). Nun acto celebrado na Universidade Politécnica de Catalunya, recolleu as certificacións de verificación a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva. Trátase dun recoñecemento ao deseño dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade dos centros universitarios a través da avaliación da súa adecuación. Como se puxo de manifesto no acto de entrega, recoñécese así o compromiso das universidades e institucións de educacións superior coa promoción da calidade e fixación da calidade dos seus programas formativos. Os centros que obtiveron o certificado neste terceira convocatoria son as facultades de Bioloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Física, Medicina e Odontoloxía, Química, Veterinaria, Xeografía e Historia, Óptica e Optometría, a Escola Politécnica Superior, e as escolas de Formación de Profesorado, Enfermaría (Lugo), Relacións Laborais (Santiago) e Traballo Social. Estes quince centros súmanse aos outros oito que superaron este trámite na segunda convocatoria do programa Audit, polo que un total de vinte e tres centros da USC xa dispoñen da certificación. Actualmente, outros cinco atópanse pendentes de verificación na cuarta convocatoria, cos que se completaría o conxunto de centros de Santiago e Lugo que obteñen a certificación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2011.